Exposición "Tear, tecidos e teceláns"

Teares

Exposición sobre «Tear, tecidos e teceláns»

APARELLOS  UTILIZADOS PARA TECER

DEBADOIRA

Permite con facilidade converter as madeixas en noDevanadora/Debadoirabelos para que se poidan urdir.

Unha vez posta e fixada a madeixa na debandoira cóllese o costal do fío e empézase a enrolar arredor dunha alma
que xeralmente é un papel ou un cartón dobrado.

MAZORGUEIRO

MazorgueiroEnrola rapidamente e con facilidade o fío que temos nos nobelos na canela de madeira de bieiteiro formando a mazorga.

O movemento que a tecelá lle imprime á roda grande por medio dunha manivela é transmitido á roda pequena por medio dun cordel que vai encaixado na canle que teñen as dúas rodas. Ao ser dun tamaño desproporcionado unha roda con respecto a outra, os xiros da pequena multiplícanse con respecto á grande facilitando o enrolado na canela.

TEAR DOS FLECOS
Tear dos frecos/Telar de los flecosPermite a elaboración dos flocos que adornan determinadas prendas.

Primeiramente cóllense unha serie de fíoS dependendo da anchura que se lle queira dar ao floco e enrólanse no rolo, de seguido vaise collendo o costal de cada un dos fíos para metelos polas rañuras e os furados que ten a táboa, unha vez que todos estean metidos anóanse e xa se pode empezar o tecido, soamente hai que levantar todo o conxunto, os fíos que se meteron polas rañuras pódense subir e baixar mentres que os que van polos buratos permanecen fixos, desta forma divídese a trama en dúas partes, posibilitando con elo meter os outros fíos que van a conformar a trama.

UrdideiraURDIDEIRA

Prepara os fíos que temos nos nobelos para convertelos nunha tea para poder ser levada ao tear.

Coa axuda da espadana,  a urdideira converte os fíos dos doce nobelos que están metidos no barcal ou caixón dos nobelos nunha tea que posteriormente se leva ao tear.

BARCAL (CAIXÓN DOS NOBELOS)

caixón dos nobelosPermite separar os nobelos para que a medida que se van desenrolando non se mesturen e se enreden os fíos.

NÉCIGA OU LANZADEIRA

Peza de madeira suave que ben pode ser de buxo ou de cerdeira con forma de lancha e que ten a función de aloxar a mazorga no seu interior oco para así poder pasar con máis facilidade entre as dúas tramas do urdido.

lanzadera/lanzadeira

TEMPEREIRO

Ten a función de facilitar que se leve sempre o mesmo ancho no lenzo. Esta formado por dúas pezas de ferro, unha delas ten unha serie de furados onde encaixa o extremo curvo da outra peza, cambiando de furado a peza alóngase ou acúrtase a distancia que tensa.
As dúas pezas, nos seus extremos teñen uns dentes os cales lles permiten suxeitarse con facilidade ao lenzo.

tempereiro

GANCHO DE LEVANTAR O FÍO DA TRAMA

Facilita o levantamento do fío para sacar os puntos que van a conformar o debuxo. Non é imprescindible, xa que hai teceláns que esta operación fana cos dedos aínda que dunha forma moito máis traballosa.

gancho de levantar o fío da trama

TEAR

Está formado por un armazón de catro patas unidas por dúas travesas lonxitudinais por cada un dos lados. Pola parte de adiante, as patas van unidas por unha travesa inferior e outro superior, entre estas dúas travesas leva un rolo de forma octogonal cunha roda dentada coa finalidade de que poida ser trabado por unha chavella que vai suxeita á travesa lonxitudinal superior do mesmo lado. Pola parte de atrás esta estrutura unicamente leva unha travesa na parte inferior que une as dúas patas que son máis baixas cas dianteiras, nesta travesa, na parte central van suxeitas as premedeiras dunha forma moi sinxela para que non anden esvarando dun lado para outro ao premelas. Na parte superior das patas de atrás vai colocada unha táboa móbil onde a tecedeira pode apoiarse pero non sentarse mentres está tecendo.

telar/tear
Entre as travesas lonxitudinais inferiores vai colocado outro rolo onde se enrolan os lenzos que se van facendo; é das mesmas características có rolo de adiante, unicamente se diferencia en que é dun diámetro máis pequeno e os dentes da roda son máis miúdos e están escavados dentro da mesma. Sobre este corpo encaixados sobre as travesas lonxitudinais superiores vai outra estrutura en T formada por dúas pezas, a peza superior leva cada un dos lados un pequeno rebaixe para poder xirar uns listóns dos cales a súa vez penduran as roldanas que suxeitan os lizos e o caixal co seu pente
A pesares da diferencia que podemos atopar ó observas distintos tipos de teares o seu funcionamento é basicamente o mesmo en todos eles, podendo establecer dúas partes claramente diferenciables:

  1. Un armazón sustentador das pezas móbiles.
  2. Un conxunto de pezas que traballan nesa estrutura:
    • Tornos.
    • Os lizos coas súas roldanas.
    • As premedeiras.
    • O caixal co peite.

ROLOS

Son unas pezas octogonais cuns espigos que encaixan nas patas que lles permite xirar e que teñen a función de enrolar o urdido e o lenzo. Para facilitar o enrolado levan unhas chavellas perpendiculares xunto a roda dentada, tamén levan uns pivotes colocados lonxitudinalmente que serven para suxeitar a vara que ten conta do lenzo e do urdido.

PREMEDEIRAS

Son unhas pezas alongadas suxeitas por un lado á travesa inferior que une as dúas patas traseiras e polo outro lado van atadas aos lizos mediante un cordel. A súa función é a de accionar os lizos a ser premidas pola tecelá cos pés. Como mínimo en todo tear ten que haber dúas.

premedeira

ROLDANAS

Están formadas por un corpo cun burato por onde pasa a travesa que a suxeita e unha roda cunha canle para que poida correr o cordel que vai atado ós lizos.

roldanas

CAIXAL

caixalA súa función primordial é a de suxeitar fortemente o peite, este vai encaixado dentro do canal das dúas pezas que forman o caixal. O caixal está pendurado por dous brazos fixos suxeitados a unha travesa que xoga no alto do tear.  Está formado por dous listóns, o inferior fixo e o superior móbil. Cada un deles leva unha canle onde encaixa o peite. A peza superior ten unha agarradoira na súa parte central que lle permite á tecedeira agarralo con forza para darlle bos golpes ós fíos que cruzan para que a trama vaia ben preta.

PEITE

A función é a de apertar fortemente a trama cada vez que se cruzan os fíos. Os dentes ou as láminas están formadas por cana cocida suxeitados polos seus extremos por uns listóns que van atados por medio dun fío de cáñamo.

peite/peine

LIZOS

Teñen a función de dividir o urdido en dous planos de fíos alternos que cambian ou se cruzan ao premer unha ou outra premedeira, arrastrando cara arriba e cara abaixo unha sección de cadillos, permitindo así o paso da néciga. Por un lado van colgados das roldanas por un cordel que corre pola roda acanalada e polo outro vai atada a premedeira. Para tecer son necesarias como mínimo dúas liceiras. Están formadas por dúas varas unidas por fíos de cáñamo convenientemente anoados para deixar pasar os nos dos cadillos. No medio dos fíos levan outro nó formando una especie de casilla por onde se van a meter os fíos alternativamente.

lizos

PAU GALLADO OU GALLITO

gallitoEstá feito xeralmente de sabugueiro aínda que tamén pode ser de xesta. A súa función é a de separar as cruces para que non se desfagan á hora de meter a tea no tear e así poder estendela para facilitar o embeñado.

Versión en español

Esta web utiliza cookies propias para su correcto funcionamiento. Contiene enlaces a sitios web de terceros con políticas de privacidad ajenas que podrás aceptar o no cuando accedas a ellos. Al hacer clic en el botón Aceptar, acepta el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Ver
Privacidad